Ir a portada
Castellano   |   Galego
Arbol Concello

ACTUALIDADE
Xerais

Xeorutas: Ruta do Toelo. Domingo 16 de abril. Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal

11/04/2017

 

Moeche ofrece de novo as xeorutas. Comeza o 16 de abril, coa ruta do toelo, un percorrido polas canteiras de Penasalbas, Ferrarías e A Caleira, da man do xeólogo Francisco Canosa. Con esta visita guiada poderá coñecerse de primeira man un dos materiais ornamentais máis exclusivos que temos en Galicia, as serpentinitas ou toelo. Estas rochas, cunha fermosa cor verde, foron obxecto de explotación dende o século XIX en numerosas canteiras do concello de Moeche. Algunhas destas explotacións e os produtos finais do seu traballo (cruceiros, dinteis, hórreos, escaleiras, etc.) poderán visitarse e contemplarse nesta xeoruta. 
Data: domingo 16 abril Hora: 10.30 Duración: 2,5 h. Distancia: 3 km. Dificultade: Baixa Duración: 2.5 horas 
Prezo: 6€ 
Información:www.rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com
Inscrición: www.rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com
ou no e-mail correo@moeche.gal ou no Concello de Moeche 981 404006, ext.2 (de luns a mércores de 8.30 a 14.30 h)

 

Arquivos Adxuntos

 

Aviso Legal | Mapa Web | Contacto