Ir a portada
Castellano   |   Galego
Arbol Concello

ACTUALIDADE
Xerais

Andainas polas terras de Moeche-San Xurxo

04/05/2017

 O vindeiro domingo 14/05/2017 faremos unha camiñada pola parroquia de San Xurxo.

Será unha ruta circular de 9.5 kms con saída e chegada á Área recreativa Souto Grande. Sairase da área recreativa ás 10.30 horas e durante o camiño visitaremos lugares como o Río Xubia, a Santa de Rañal, a Caleira, a Pena dos Corvos, o castelo, a igrexa de San Xurxo,... Terá unha duración de aproximadamente 2 horas e media, con chegada á área recreativa arredor das 13.00 horas. Deixamos un croquis de cómo chegar á área recreativa e os lugares por onde imos a pasar. Lembrade traer chaleco reflectante, calzado cómodo e unha botella de auga para o camiño.

Inscricións ata o venres 12 de maio no concello de Moeche, chamando ao 981404006 ou enviando unha mensaxe a daniel.feijoo@moeche.gal.
 
 EMPADROADOS DE BALDE - NON EMPADROADOS 3€
Agradecer a Caleiras de Moeche e á Casa do mel a súa colaboración.
 

Arquivos Adxuntos

 

Aviso Legal | Mapa Web | Contacto