Ir a portada
Castellano   |   Galego
Fotos de Moeche
Inicio » Plan de Sectorización

PLAN DE SECTORIZACIÓN SAU-1 (MOECHE)

A Xunta de Goberno Local, en sesión de 8 de novembro de 2011, acordou aprobar
inicialmente o Plan de Sectorización do Parque Empresarial no Solo Apto para Urbanizar de
uso industrial SAU-1, que afecta os terrenos, definidos nas Normas subsidiarias deste
Concello como SAU1, clasificados como solo urbanizable non delimitado (apto para
urbanizar insdutrial), presentado por D. Jose Ramón Franco Caaveiro, en nome e
representación de FIMOBA S.L e redactado por Proyfe S.L.

De conformidade co artigo 86.1 a) e 86.1 g) en relación co 85.2 da Lei 9/2002, de 30 de
decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, sométese a
información pública por prazo de dous meses a contar desde a última publicación no Diario
Oficial de Galicia.

Durante o indicado prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias
municipais, para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións
supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

En Moeche a 11 de novembro de 2011

 

O Alcalde,

Asdo.: Julio Lopez Romeo

 

DOCUMENTOS EN DESCARGA

 

Plan de sectorización   DOCUMENTO A / TOMO 1 DE 2 / MEMORIAS Y ANEXOS (37 MB)

Plan de sectorización   DOCUMENTO A / TOMO 2 DE 2 / PLANOS (56 MB)

Plan de sectorización   DOCUMENTO B / TOMO ÚNICO / INFORME DE SOTENIBILIDAD AMBIENTAL (54 MB)

 

Aviso Legal | Mapa Web | Contacto