Ir a portada
Castellano   |   Galego
Valle Moeche
Moeche » Historia  

Julio López Romeo

 

Historia

O nome do Concello ven dunha vila que fundou un cabaleiro chamado Modesto (Vila Modesti) antes do século X. No século VI aparece a primeira referencia a estas terras por escrito nun documento no que se nomea unha das parroquias: Labacengos.

Sabese que na segunda metade do século XV as parroquias de Santa Cruz e San Xurxo pertencian a García Rodríguez de Varcarcel(señor das Pontes), por concesión de Henrique de Trastámara.

A historia de Moeche esténdese á sombra dun castelo. A fortaleza foi edificada por Fernán Pérez de Andrade”O Bo”, a finais do século anterior, como as de Vilalba e de Andrade, co fin de contar con varios puntos de defensa nas súas enormes posesións da comarca eumesa. Ademais estas víronse incrementadas coa incorporación da fortaleza de Narahío. Deste xeito, as tres formaban un triángulo coa fortaleza de Moeche no centro.

Un acontecemento histórico salientable produciuse no Castelo durante a revolta irmandiña no ano 1.431,os primeiros Irmandiños capitaneados polo fidalgo Rui Xordo, intentaron atacar a Nuño Freire de Andrade ”O Mao” que se atopaba na fortaleza de Moeche.Este sublevación tiña como finalidade o afastamento do poder exercido polo de Andrade, que fuxeu seguido dos sublevados, que derribaron parte do edificio, ata Pontedeume,pero cando chegaron a esta vila o señor feudal e os seus iban cara a Santiago de Compostela, donde o arzobispo os acolleu e axudoulles a reorganizar o seu exercito, co que posteriormente derrotaron a esta primeira revolución irmandiña.

A segunda revolución Irmandiña protagonizase no ano 1.467, entón Moeche pertencia o Conde de Lemos. Derrotados os Irmandiños foron obrigados a reconstruir todo o que destruiran. A historia conta que foi o Conde de Lemos, Pedro Alvarez Osorio, o que ordeou iniciar as obras da fortaleza. No século XVI, o Castelo figura como cárcel da xurisdicción coñecida como Estado de Moeche.

Ata finais do século pasado a construcción conservouse en bo estado,momento na que a duquesa de Alba, herdeira dos condados de Lemos e Andrade, puxoa a subasta,indicando no documento que se poñia a venta como "pedra de montón".

Por sorte esa operación non se levou a cabo, ainda que moita pedra foi arrancada do castelo, e este perdeu moitos dos seus elementos constructivos como muros, ameas, tellados ou pasadizos.

A sombra del permanecen multitude de igrexas, ermidas, castros, hórreos, pazos, muiños e lugares para o lecer na natureza dentro das cinco parroquias, que son un selo indiscutible da historia de este pobo.

 

Aviso Legal | Mapa Web | Contacto