Ir a portada
Castellano   |   Galego
Ingrexa de San Xurxo de Moeche
Moeche » Patrimonio  

 

Igrexa San Xurxo de Moeche

 

Patrimonio

IGREXA DE SAN XURXO DE MOECHE

Atópase na Parroquia de San Xurxo, como o seu propio nome indica. O conxunto do edificio que chegou ata nós é producto de diferentes remodelacións e engadidos que tiveron lugar ó longo dos séculos. É un edificio de amplas proporcións de planta rectangular, con dous corpos engadidos ó muro setentrional.funcionando como pequena capela e sancristía. A fachada foi reformada no século XIX, ten diversos elementos do XVII, coma a capela maior e a cruz procesional do maestro portugués Jorge de Cedeira.

A torre abalconada garda duas campans ,nas que se grabou a cincel a seguinte lenda:”co meu sonoroso son servirei para aproveitamento dos veciños de Moeche e de San Xurxo, seu patrón”.

IGREXA DE SANTA MARÍA DE LABACENGOS

É unha igrexa do século XVI. Posúe unha planta rectangular, na que se inscriben unha soa nave e presbiterio, e dous corpos engadidos ó muro setentrional que funcionan como pequena capela e sancristía. Sobre os muros de carga, realizados en cachotería,apoia unha cuberta a tres augas que presenta unha cubrición de lousa.
O espacio interior pertencente a ábsida e á nave vén delimitado por un arco triunfal,situándose ós pés da nave un coro alto ó que se accede a través dunha pequena escaleira de caracol.
Fai cinco anos comezou a primeira fase da restauración,tanto do exterior como do interior da mesma promovida pola Asociación de Mulleres Rurais de Labacengos, e fai dous anos finalizou dita restauración, na cal se restauron os frescos barrocos que aínda que se conservaban.

CAPELA DE SAN RAMÓN.

Esta situada na Parroquia de San Xoan de Moeche,no lugar de San Ramón. A imaxe actual de esta capela é producto das sucesivas remodelacións que nela se levaron a cabo ó longo dos seculos. O seu desenvolvemento arquitectónico é de planta rectangular con dous corpos engadidos.
En canto a ornamentación destaca o retablo barroco que preside o altar maior, que posúe as características columnas salomónicas decoradas con elementos vexetais. O seu oco central ocúpao unha imaxe de San Ramón, santo que provoca unha gran devoción.

Cara o exterior destaca a torre campanario situada no muro meridional e lixeiramente recuada con respecto á fachada principal.

IGREXA DE SANTIAGO DE ABADE

Esta situada na Parroquia de Abad, é un edificio de planta rectangular, na que se inscriben unha soa nave dividida en catro treitos e o presbiterio.

Cara ó interior, o espacio correspondente á nave interrómpese por medio dun arco de triunfo, para dar paso a un presbiterio abovedado que presenta, no exterior, dous pequenos contrafortes nas esquinas coa función de contrarresta-los empuxes provenientes da bóveda. Exteriormente presenta os seus muros revestidos e caleados, agás o recercado de ocos e os esquinais pertencentes á fachada principal, que mostran pedra vista.

IGREXA DE SANTA CRUZ DE MOECHE

A súa estructura arquitectónica é de planta rectangular, a que se lle engadiron dous pequenos corpos a cada un dos muros setentrional e meridional, funcionando estes como pequenas capelas laterais e sancristías. Interiormente, o edificio posúe unha soa nave, que desemboca nun cruceiro abovedado desde o que se accede ás dúas pequenas capelas laterais.
A fachada principal, de características barrocas, organízase a través dun sistema pentagonal, superpoñéndose no seu eixo vertical central unha porta rectangular e un pequeno oco que permite a iluminación natural do coro alto.

IGREXA DE SAN XOÁN DE MOECHE

É un edificio de planta rectangular, no que se inscriben unha soa nave e un presbiterio cuadrangular. Apegado ó muro setentrional foille engadido un corpo que fai as funcións de sancristía, e ó que se accede a través da ábsida.Interiormente, o edificio posúe unha única nave e a ábsida, presentando a primeira unha estructura aérea feita a través de cimbros de madeira, mentres que a segunda posúe unha bóveda de aresta.

En canto á ornamentación,unha das máis reseñables do concello, é de destaca-lo retablo que preside o altar maior, de elementos barrocos e no que un dos ocos acubilla a imaxe de San Xoán, patrón da Parroquia.

ERMITA DE SAN XIAO DOS OSOS

Esta situada na Parroquia de Labacengos, donde os monxes do monasteiro Pontevedrés de Oseira adquiriron moitas das propiedades desta Parroquia. Esta ermita conserva aínda o nome de Osos,que recorda esta relación cos relixiosos da provincia veciña.

Os documentos mais antigos sobre ela datan do século XIII. Na pared posterior distinguese o escudo de Oseira( un carballo con dous osos ),motivo que se repite no retablo barroco, do XVIII, que decora o altar e que deu motivo a denominación da ermita.

Só un arco de medio punto de entrada o presbiterio recorda a primitiva ermita e tal vez o pavimento da pedra. Xunto a porta hai dous sarcófagos antropoides de pedra serpentina do século XI. Sobre eles era costume deitarse para pedirlle ao santo a curación das suas doenzas.


Seguinte / Siguiente

 

Aviso Legal | Mapa Web | Contacto