Ir a portada
Castellano   |   Galego
Valle Moeche
Moeche » Situación Xeográfica

Mapa de Galicia

Mapa de A Coruña

Situación Xeográfica

O Concello de Moeche esta formado por cinco parroquias, Santiago de Abad, Sta. María de Labacengos, Sta. Cruz de Moeche, S.Xoan de Moeche e S.Xurxo de Moeche e ten un total de 1.500 habitantes.

Pertence a comarca de Ferrol e localizase no extremo norte da Provincia da Coruña.Ten unha extensión de 48,5 km2, e linda polo leste coas Somozas, polo sur con San Sadurniño, ó oeste con San Sadurniño e Valdoviño e polo norte con Cerdido. A capital municipal é San Ramón de Moeche, situada a setenta kilómetros da capital provincial.

O municipio ocupa unha zona montañosa ó norte, donde están as parroquias de Abade, Labacengos e Santa Cruz e outra zona de val coas suas bocaribeiras cara o sur e sureste, ocupada polas parroquias de San Xoan e San Xurxo.

Este val formado polo rio Grande de Xubia e os seus afluentes é de gran beleza e obriga a deterse cando se viaxa pola Carretera C-642,a sua principal via de comunicacion, para disfrutar uns intres do excepcional panorama. A línea férrea de Ferrol a Xixón tamen atravesa estas terras e conta cos apeaderos de Moeche, Labacengos, Apalla e Entrambasrrias.

Xeograficamente, as maiores altitudes localízanse na Pena da Cabra(368 metros),Monte Agudo(371 m) e o Alto do Cadabal(383m).

Moeche ten un clima oceánico e unhas temperaturas suaves cunha media anual de 12,5 grados.

 

Mapa Concello Moeche

 

Aviso Legal | Mapa Web | Contacto