Ir a portada
Castellano   |   Galego
Deporte
Servizos » Deportes  

 

 

DEPORTES

Actividades que se desenvoven na actualidade polo Departamento de deportes do Concello de Moeche

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS INFANTÍS

Actualmente existen 3 escolas deportivas municipais infantís. Lévanse a cabo no CEIP San Ramón de Moeche, ofertadas estas, como actividades extraescolares. Hai dous grupos de baile moderno, distribuídos por idades e un grupo de psicomotricidade.

  1. Baile Moderno para nenos/as de 3 a 6 anos.
  2. Baile Moderno para nenos/as de 6 a 11 anos.
  3. Psicomotricidade para nenos/as de 3 a 6 anos.


ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS ADULTOS

  1. Actividade física e saúde. É unha actividade dirixida para persoas maiores de 60 anos co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos mesmos. Temos dous grupos, un na parroquia de Abade e outro en San Ramón.
  2. Movémonos. É unha actividade destinada para maiores de 18 anos, onde se pretende mellorar a condición física e saúde dos alumnos/as integrando actividades como o aeróbic, o step, a batuka, exercicios de tonificación, etc.

 

RUTAS DE SENDEIRISMO

Outras das actividades ofertadas polo departamento de deportes son as rutas de sendeirismo, utilizando o Concello como medio idóneo para poder levalas a cabo, xa que o seu medio natural favorece á organización das mesmas. Ata agora só realizamos unha, pero con vistas a organizar máis para o próximo ano.

  1. Ruta de 12 qm. dende o Concello de Moeche ata o Castelo e regreso polo camiño real ata o concello de novo. Foi levada a cabo o sábado 28-11-09 pola mañá con saída ás 9:30. A ruta permitía aos camiñantes unha visita guiada ao Castelo. Participaron 14 persoas.

 

V LIGA DE TENIS

O 1 de decembro comezou a V liga de tenis, a cal transcurrirá todo o curso ata xuño. Faise unha liguilla de dúas voltas e logo pasan os catro mellores xogadores para disputar as semifinais e finais.

 

 

Aviso Legal | Mapa Web | Contacto